Para poder chegar a tempo Vilagarcía acaba de solicitar 16 socorristas para a tempada de verán
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía remitiu á Consellería de Traballo e Benestar a súa solicitude de subvención para a contratación temporal de 18 traballadores desempregados. O Concello demanda 16 socorristas, un técnico informático e un traballador social na súa proposta da axuda por importe de 66.573 euros, aos que a administración local engadiría 1.400.
A proposta foi aprobada en xaneiro pola Xunta de Goberno Local e xa se remitiu á Xunta de Galicia co obxecto de adiantar no posible a tramitación das axudas que nos últimos anos resolvíanse co tempo moi xusto para que os socorristas contratados puideran comezar a traballar co inicio da temporada de praias.
A intención do Concello é que o técnico informático e o traballador social traballen nas oficinas municipais a media xornada durante un prazo de seis meses a contar a partir do 1 de abril. No caso do persoal para a atención das praias, tanto os 13 socorristas como os 3 técnicos axudantes de Protección Civil contrataranse coa categoría de peón, a xornada completa durante un período de 3 meses a contar a partir do 1 de xullo.
Agora a administración local deberá esperar a que a Consellería de Traballo resolva a concesión das axudas para poder mandar a oferta de emprego ao Servizo Público de Emprego.