Oreco e unha subcontrata aseguran que empregaron "150 romaneses" na limpeza de Pasarón
Por Redacción
O Xulgado do Penal número un de Vigo celebrou este martes o xuízo por unha das pezas separadas do caso de fraude fiscal e falsidade coñecido como o de Las 5 Jotas.
No banco dos acusados sentou José Benito V., representante legal e xefe de departamento técnico da firma Oreco, construtora do estadio de fútbol de Pasarón, que asegurou que as facturas da limpeza do estadio son reais e responden a traballos realizados e que estes foron aboados ás subcontratas con pagarés.
Igualmente os seus compañeiros no banco, os irmáns José Manuel e Jacobo Costas responsables do grupo vigués de Las 5 Jotas, subcontratada para esta tarefa, confirmaron que as facturas son verdadeiras.
Aseguraron que 150 romaneses traballaron na limpeza do estadio de Pasarón e que ademais se fixeron algúns traballos de carpintaría, segundo declararon durante o xuízo, tal e como recollen as edicións viguesas dos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
A Fiscalía acusa o representante de Oreco de pedir máis de 600.000 euros en facturas falsas á empresa Las 5 Jotas. A Fiscalía pide 25 meses de cárcere para o empresario por falsidade documental.
Relacionadas:
-
Condena de dous anos de cárcere para un directivo de Oreco por falsear as facturas das obras Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía acusa á construtora de Pasarón de cobrar facturas falsas pola limpeza do estadio
Por Redacción |
-
A empresa construtora de Pasarón, a xuízo por supostas facturas falsas nas obras do estadio
Por Redacción |