O fiscal pide 16 anos de prisión para un home acusado de atar durante máis dun día á parella e violala
Por Redacción
O xoves 22 de xaneiro sentaranse no banco dos acusados na sección cuarta da Audiencia de Pontevedra, un home acusado como autor de dous delitos de violencia contra a muller, detención ilegal e delito continuado de violación.
Segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o acusado foi detido cando en decembro de 2001 mantivo retida durante ao redor de 25 horas a súa parella nun cuarto. O home, presuntamente, atouna con fitas de embalar para que non se puidese mover e durante o tempo en que a mantivo retida violouna en varias ocasións.
No escrito da Fiscalía sinálase que durante os nove anos en que a parella mantivo unha relación, o acusado golpeou en varias ocasións á vítima. Por este motivo terá que responder por delitos de violencia contra a muller na modalidade de maltrato habitual e maltrato físico.
O Ministerio Fiscal solicita 16 anos de prisión para o acusado.