860 prazas para coidarse nos balnearios da provincia
Por Redacción
130 persoas terán que esperar a súa oportunidade despois de quedar fóra da adxudicación de prazas para participar na segunda campaña do programa diúrno de Balnearios, Coidarte 2014. A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou 860 prazas ante as 990 solicitudes presentadas.
Segundo informou o presidente provincial, Rafael Louzán, as saídas serán en febreiro e en marzo. Na primeira campaña participaron 1.733 persoas dentro dun programa de Termalismo Social que está dirixido a maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas e persoas de respiro familiar.
A Deputación subvenciona con 35 euros por persoa mentres que os concellos adheridos achegan 10 euros. Os beneficiarios acoden dúas horas diarias durante 5 tardes seguidas aos balnearios de Termas deCuntis, A Toxa, Mondariz, Oia, Moaña, ou Grove e Lalín.
Para a edición de Coidarte do ano 2015, a Deputación destinou 105.000 euros cunha oferta inicial de 2.625 prazas. Este programa súmase ao de Saúde e Benestar, aprobado en decembro e que ten os mesmos destinatarios e iguais obxectivos. A diferenza estriba en que, neste caso, a estadía no balneario é en pensión completa durante seis días e cinco noites. Entre os dous programas termais ofértanse 5.625 prazas.
Relacionadas:
-
A Deputación reformulará o programa de termalismo, que tivo 3.760 beneficiarios nun ano
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para apuntarse ás tardes de balnearios para maiores
Por Redacción |
-
Sete balnearios da provincia participan nunha nova edición do programa Coidarte
Por Redacción |
-
Louzán confirma que "hai espazo" para novas ofertas de turismo termal na provincia
Por Redacción |