Sanxenxo, disposto a devolver a paga extra de 2012 os seus funcionarios coa nómina de xaneiro
Por Redacción
Un total de 73.228,38 euros ingresará o Concello de Sanxenxo aos seus traballadores na nómina de xaneiro, sempre e cando así o aprobe a corporación municipal. ÿ a contía da paga extraordinaria suprimida polo Goberno no ano 2012. O goberno local propoñerá ao Pleno, durante a sesión ordinaria do próximo día 26 de xaneiro, devolver ese diñeiro a todos os seus empregados.
A Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2015, aprobada o 30 de decembro, así o contempla na disposición décimo segunda, posibilitando que cada Administración pública poida aprobar, se así o deciden, o aboamento de cantidades en concepto de recuperación dos importes deixados de percibir por orde do Goberno central.
"No seu momento mostramos a nosa discrepancia con esta medida e, por iso, unha vez que existe a posibilidade legal de que os traballadores recuperen unha parte do importe optamos por levar a proposta ao primeiro pleno do ano para poder facer efectivo ese pagamento canto antes", sinalaron dende o Executivo.
As cantidades a satisfacer tanto ao persoal da Entidade local, como do organismo autónomo Terra de Sanxenxo, da extinta Xerencia Municipal de Urbanismo, de Turismo de Sanxenxo e de Nauta Sanxenxo, son equivalentes á parte proporcional aos primeiros 44 días da paga extraordinaria, anteriores ao decreto da súa supresión.
Concretamente, 45.054,93 euros correspóndenlle ao persoal da Entidade local, 5.863,49 ao da Xerencia de Urbanismo, 16.651,49 ao do O.A. Terra de Sanxenxo, 5.292,88 euros ao de Nauta Sanxenxo e 365,59 euros ao de Turismo de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Avanza a expropiación de terreos para construír o novo colexio do Revel
Por Redacción |
-
Os funcionarios da Deputación non cobrarán a parte proporcional da 'extra' de 2012... de momento
Por Redacción |
-
Pagarán a todos os funcionarios municipais parte da extra que o Goberno lles retirou en 2012
Por Redacción |