Cae unha casa en Cuntis sen provocar vítimas
Por Redacción
Coma se dun castelo de naipes se tratase unha casa en PortodeGómez, en Cuntis, caeuse quedando reducida a entullos.
Segundo informan dende Protección Civil de Cuntis o suceso tivo lugar a primeira hora da tarde deste martes.
Afortunadamente non había ninguén no lugar cando se derrubou a vivenda que estaba a ser rehabilitada.
Por este mesmo motivo descoñécense as causas que provocaron o sinistro.