Ponte Caldelas optimiza a resintonización da TDT
Por Redacción
O cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre (TDT) aplicarase en Ponte Caldelas durante os días 29 e 30 de decembro e, de cara a esa data, a Xunta de Galicia adoptou medidas para reforzar e adaptar tecnicamente os centros emisores rurais que abastecen de sinal ao municipio.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, sinala que as medidas adoptadas garantirán unha mellor recepción da TDT nos fogares do municipio, xa sexa en edificios como en vivendas unifamiliares.
Segun indicou, hai zonas do municipio que xa reciben o sinal dos centros matriz de Domaio ou Pazos de Borbén e nestes casos deberían resintonizar os seus televisores o día 30. Outras zonas como a zona urbana de Ponte Caldelas reciben o sinal dos postes situados no monte de Pazos e da Fracha (A Reigosa). O alcalde fixo xestións para que a Xunta actuase tamén nestes centros para garantir que o sinal de televisión chegue correctamente tamén a estas zonas.
Todos os traballos de adaptación destes centros se realizarán tamén entre o 29 e 30 de decembro, de modo que o Concello recorda que neses días poderá perderse o sinal dalgunha canle ata que todas estean adaptadas. De todos os xeitos será necesario que se resintonicen as televisións o día 30 para garantir recibir correctamente o sinal.
Relacionadas:
-
O 31 de marzo conclúe definitivamente o proceso do Dividendo Dixital
Por Redacción |
-
Así afecta o Dividendo Dixital aos nosos televisores: Fases e axudas para a adaptación de antenas
Por Redacción |
-
196.000 vivendas pontevedresas deberán adaptar as súas antenas para seguir vendo a TDT
Por Redacción |