Un décimo premiado da lotaría viaxa de Pontevedra á Moncloa
Por Redacción
Os nenos de San Ildefonso cantaron este ano 2014 a sorte para o presidente do Goberno. Mariano Rajoy resultou premiado no Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal grazas a un décimo que viaxou dende Pontevedra.
O mandatario español tiña un décimo dos que xoga habitualmente a peña taurina Gin-Kas, na que está o seu irmán Enrique e da que formaba parte o seu irmán Luis, falecido o pasado mes de marzo. O número, ao que leva anos xogando, era do 42.837 e este ano a sorte e os bombos do sorteo quixeron que a súa terminación coincidise coa do Gordo e o terceiro premio.
O presidente pode cobrar -non transcendeu se o fixo- un premio de 220 euros, cantidade que deriva da suma da terminación en '37' do Gordo -este ano foi o 13437- e o terceiro -07637-, ademais, do reintegro do primeiro.
Integrantes da peña confirmaron a PontevedraViva que enviaron un décimo ao pazo de La Moncloa, residencia oficial da Presidencia do Goberno. A mesma sorte que a Rajoy tamén salpicou ao concelleiro de Sanidade Animal de Pontevedra, Miguel Filgueira, integrante da peña Gin-Kas dende hai décadas.
Relacionadas:
-
Os pontevedreses gastamos catro veces menos na lotaría do Neno que na de Nadal
Por Redacción |
-
Os "adanes" de Podemos e outras perlas do patriótico brinde pontevedrés de Mariano Rajoy
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rajoy xa descansa no seu Nadal pontevedrés
Por Redacción |
-
O ano das máquinas no Sorteo de Nadal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |