Os novos valedores do oficio de avogado en Pontevedra
Por Redacción
Lidia Martínez Pérez, Rodrigo Curto Duarte, Nicanor Novás Guedes, Xabier Munáiz Alonso, Fátima Abadalah Noya e Ana María Castro Martínez. Foron os nomes propios do dereito pontevedrés este luns. Son os gañadores dos concursos de redacción e relatos breves convocados polo Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra con motivo da conmemoración do seu 175 aniversario, todos eles por redactar textos nos que reivindican a figura do avogado ou o valor do mundo do Dereito.
Todos eles agás Ana María Castro acudiron á convocatoria que lles fixeran dende o órgano colexial para recoller os premios dos que resultaron gañadores. A ausente enviou, de todos os xeitos, o seu pai en representación e agradecemento.
Lida Martínez, Rodrigo Curto e Nicanor Novás son alumnos de entre Cuarto de Primaria e Cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) de colexios dos concellos da área de actuación do Colexio de Avogados que participaron no concurso de redacción 'Los abogados'.
O xurado elixiu a Lidia Martínez como gañadora na categoría 4º-6 º de Primaria; a Rodrigo Curto na categoría 1º e 2º de E.S.O.; e a Nicanor Novás na franxa de 3º e 4º de E.S.O. O decano, Ramón Jáudenes, e outros membros da Xunta de Goberno entregáronlles os seus premios, que foron, respectivamente, unha bicicleta, unha tableta e unha PS3.
Xabier Munáiz, Fátima Abadalah e Ana María Castro gañaron o concurso de relatos breves sobre o mundo do Dereito organizado para todos os avogados. Os seus textos pódense ler xa na páxina web colexial.
Relacionadas:
-
Os 83 colexios de avogados de España debaten en Pontevedra sobre a Administración de Xustiza
Por Redacción |
-
'Todos tenemos agenda'. A reivindicación dos avogados de Tenerife contra a impuntualidade chegará a Pontevedra
Por Redacción |
-
O Colexio de Avogados busca ao escolar que mellor escriba sobre a profesión
Por Redacción |