Turismo de Sanxenxo, nominada ao premio 'De viaxar 2014' que concede 'La Alacena roja'
Por Redacción
A empresa mixta Turismo de Sanxenxo, integrada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, acaba de ser nomeada ao premio 'De viajar 2014' que concede 'La Alacena Roja'.
Tal e como informaron os responsables desta publicación, a elección da proposta gañadora levarase a cabo a través dos votos online que se poderán rexistrar na páxina web www.laalacenaroja.com a partir dunha lista de candidatos propostos polo equipo de Edición da revista, en función da traxectoria e méritos de cada un deles.
O próximo día 9 de decembro terá lugar a entrega do galardón durante un acto que se desenvolverá no Palacete Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, en Pontevedra.