Enfrontamentos entre o Goberno local e o PSOE en Ponte Caldelas polas prazas da gardería
Por Redacción
As prazas existentes na gardaría e a ludotea de Ponte Caldelas abriron unha guerra dialéctica entre o Goberno local e o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. Os socialistas denuncian recortes no sevizo mentres que o alcalde, Perfecto Rodríguez, nega tales reducións.
O secretario dos socialistas en Ponte Caldelas, Andrés Díaz, denuncia que tamén se reducisen partidas para a limpeza das instalacións e para os gastos en calefación. O alcalde respóndelle calificándoo de "auténtico temerario" coas súas afirmacións.
"ÿ absolutamente falso que se reducisen as partidas para a limpeza deses locais e moito menos para a calefacción. ÿ máis, neste verán realizáronse actuacións a maiores como o pintado integral das instalacións nas que se sitúan eses centros", responde Perfecto Rodríguez.
Engade que tanto os pais coma o persoal da ludoteca e da gardaría "son testemuñas de que o Concello nunca lles limitou o uso da calefación, que se acende e apaga cando o persoal deses centros o considera necesario, sen restrición ningunha".
"Poñer en dúbida que o Concello atende correctamente eses centros, é un acto máis de covardía política de Andrés Díaz, que se adica a mentir e difamar por se alguén externo ao centro o cree", engade o rexedor caldelano. Na súa opinión, "o que lle molesta a Andrés Díaz é que o Concello, a pesar da crise económica, atende todas as necesidades dos centros educativos do municipio, mesmo mantén as mesmas axudas ás ANPAS para actividades económicas que anos anteriores sen ningún recorte. Como non houbo recortes nesta materia Andrés Díaz invéntaos".