A recollida de sinaturas para pedir a supresión do convenio municipal coa Praza de Touros bate marcas
Por Redacción
A campaña de recollida de sinaturas on-line iniciada pola asociación animalista Libera para pedir que o Concello de Pontevedra rescinda o convenio anual asinado coa empresa propietaria da Praza de Touros bateu todo tipo de récords. Os 46.000 apoios logrados supoñen o número máis elevado alcanzado nunha campaña de recollida de rúbricas no municipio.
Os datos aportounos este xoves Libera, que os interpretan como un "importante respaldo social" á súa oposición a que o acordo económico prosiga. O convenio ten un importe de 47.500 euros anuais no periodo 2014-2015.
O portavoz do colectivo, Rubén Pérez, mostrou o interese da organización por revisar as contas que o Concello emprega para defender o convenio taurino, xa que a xuízo de Libera, "non existe escusa algunha para subvencionar a empresas que se lucran dun espectáculo baseado no maltrato animal".
Pérez compara o dispendio no coso taurino, de 663.708 euros desde o ano 2000, coa posibilidade de que o Concello dedicase eses mesmos fondos a benestar social. Este investimento equivalería, segundo os seus cálculos, a máis de 60.000 horas de atención a persoas dependentes, ou podería materializarse en axudas de urxencia social e de loita contra a exclusión, ou nun reforzo dos técnicos de traballo social que atenden as necesidades dos pontevedreses.
Os animalistas consideran innecesario o sostemento artificial da tauromaquia en Pontevedra, tendo en conta que aseguran que os datos de asistencia baixan cada ano. Na súa opinión, o convenio serve para que, co diñeiro da cidadanía, cádrense as contas dos promotores taurinos.
Para a organización animalista o convenio serve como o subterfuxio perfecto para manter contentos aos empresarios taurinos, que xamais criticaron abiertamente o labor do goberno local, baixo a xustificación de necesidade do espazo, cando, como advirten os animalistas si hai posibilidades deixando ao carón a praza de touros.
Relacionadas:
-
AGE esixe retirar as excepcións das touradas e do tiro ao pombiño da Lei de Protección de Animais
Por Redacción |
-
Touradas Fóra de Pontevedra denuncia a retirada das súas pancartas reivindicativas
Por Redacción |
-
Touradas fóra de Pontevedra inicia unha campaña contra o convenio entre Concello e Praza de Touros
Por Diego Espiño |
-
Propoñen unha consulta cidadá entre os pontevedreses sobre o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello manterá o convenio coa Praza de Touros por ser "claramente beneficioso" para a cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 30.000 sinaturas en once días para que se suprima o convenio municipal coa Praza de Touros
Por Redacción |
-
O Goberno local afirma que "está analizando con calma" o convenio da Praza de Touros
Por Redacción |
-
5.500 sinaturas en dous días para pedir que se suprima o convenio municipal coa Praza de Touros
Por Natalia Puga |