Máis de 30.000 sinaturas en once días para que se suprima o convenio municipal coa Praza de Touros
Por Redacción
Entre o 14 de agosto e este luns 25, isto é, en tan só once días, máis de 31.500 persoas asinaron a petición on-line creada para pedir ao Concello de Pontevedra que suprima o convenio que asinan coa empresa propietaria da Praza de Touros por 47.500 euros anuais no período 2014-2015.
A petición iniciouna a asociación Animalista Libera coa colaboración da plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' a través da plataforma Change.org. Nela aproveita para denunciar que a Praza de Touros de Pontevedra é a única que se mantén activa no territorio galego.
Dende Libera fixeron pública unha valoración positiva das firmas recollidas, que cren que demostran o "grande interese cidadán" que suscita a iniciativa para suprimir un acordo que supoñerá un desembolso das arcas públicas de 95.000 en tan só dous anos. Libera se marca nesta petición un horizonte de 40.000 firmas, que supoñería a maior iniciativa de recollida de firmas que se desenvolvese en Pontevedra.
Os animalistas denuncian que o convenio recolle "evidentes vantaxes" para os promotores taurinos, como unha permisividade absoluta coa colocación de agresiva publicidade, en grandes elementos metálicos que contraveñen calquera recomendación sobre accesibilidade en ámbitos urbanos, así como a ruta "sonora" dun vehículo con megafonía, extremo que se está prohibido noutros municipios da comunidade.
Neste sentido dende a organización animalista sinalan como a propia empresa responsable das corridas de touros en Pontevedra foi expedientada por concellos da provincia pola colocación ilegal de publicidade en ámbitos protexidos, extremo que se permite e mesmo facilita co convenio pontevedrés.
O voceiro de Libera, Rubén Pérez, móstrase esperanzado polo cambio de actitude do goberno municipal, e no feito de que as decenas de miles de firmas estean a contribuír a cambiar unha dinámica de 14 anos de convenios e de subvencións indirectas a un espectáculo de maltrato e violencia. Agarda que o Concello anuncie a revisión do convenio e tome a determinación de buscar alternativas para o uso dun espazo actualmente infrautilizado por decisión dos propios promotores taurinos.
Relacionadas:
-
'Galicia, Mellor sen Touradas' propón reconvertir a praza de touros en hotel
Por Redacción |
-
A recollida de sinaturas para pedir a supresión do convenio municipal coa Praza de Touros bate marcas
Por Redacción |
-
Propoñen unha consulta cidadá entre os pontevedreses sobre o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |
-
Os abolicionistas cuestionan as "escusas municipais" sobre o convenio taurino
Por Redacción |
-
O Concello manterá o convenio coa Praza de Touros por ser "claramente beneficioso" para a cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia Mellor Sen Touradas pide a dimisión de Miguel Filgueira como edil
Por Redacción |
-
Miguel Filgueira: "Cando entrei no BNG xa era taurino"
Por Natalia Puga |
-
Os abolicionistas piden a César Abal que pregunte polas axudas da Deputación á festa taurina
Por Redacción |
-
Animalistas e abolicionistas celebran o anuncio da revisión do convenio da Praza de Touros
Por Redacción |
-
47.500 euros anuais para a praza de touros
Por Diego Espiño |
-
Carme da Silva: "Asinamos un convenio coa praza porque nos interesa utilizala"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada