Marín xa ten a súa escaleira cara ao ceo
Por Redacción
Estes días procedeuse á colocación dunha escaleira na suba existente entre a rúa Ezequiel Massoni e o camiño que leva ao Cemiterio da Raña.
Este camiño público foi rozado e acondicionado xa que estaba absolutamente invadido pola maleza.
O plan urbanístico contempla o desenvolvemento de toda esta zona, pero mentres iso non sucede o concello quixo facilitar este acceso a través da instalación dunha escaleira de madeira que facilite este acceso.
A colocación tivo lugar estes días, finalizando este xoves a instalación de varandas, co fin de que estivese lista para as datas de maior afluencia ao cemiterio.
Está feita en varios tramos, cun ancho de case dous metros e en tramos para intentar abordar a forte pendente que existe.