Melloran a seguridade viaria na Barriada Virxe do Carme e asfaltan un camiño en Mogor
Por Redacción
As brigadas municipais do Concello de Marín están a acometer unha serie de traballos de mellora e acondicionamento no ámbito da Barriada Virxe do Carme.
Entre outras actuacións, pintouse na vía principal unha franxa que delimita o espazo para peóns e o destinado para a circulación dos vehículos, mellorando a seguridade vial na zona. Trátase, sobre todo, de dotar á zona dunha mellor mobilidade e facilitar o paso de todas aquelas persoas que utilizan esta rúa para ir ao colexio ou ao pavillón de Sequelo.
Tamén se pintaron os pasos de peóns de Mestre Landín e colocáronse varios bancos pegados ao valo, para separa o recinto da beirarrúa. Estes bancos foran solicitados polos veciños dende hai tempo, xa que esta é unha zona na que moitas persoas optan por pasear ao ser unha das rúas máis soleadas do municipio.
Ademais co ámbito da senda polo río, esta zona está cada vez máis integrada nos circuítos urbanos que aproveitan, segundo o goberno municipal, todos aqueles que lles gusta camiñar.
ARRANXO DUN CAMIÿO EN MOGOR
Ademais, esta semana finalizaron os traballos de asfaltado e acondicionamento do camiño que une a zona de Cidras con Cruceiro do Vento en Mogor. Trátase dunha actuación que fora moi demandada polos veciños da zona, xa que este camiño é bastante utilizado sobre todo en época escolar, debido á proximidade dun centro educativo.
Estas obras realizáronse en colaboración coa Deputación de Pontevedra, que achegou a maquinaria necesaria para os labores de asfaltado.
Relacionadas:
-
Marín intentará atender a todas as solicitudes de asfaltado pendentes
Por Oskar Viéitez |
-
Marín programa obras en seis das súas rúas
Por Redacción |
-
Marín xa ten a súa escaleira cara ao ceo
Por Redacción |
-
Marín acomete un programa o pavimentado dos camiños do rural
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras para mellorar a Baixada a Aguete e o acceso ao mercado de Marín
Por Redacción |