As brigadas municipais de Marín acometen a limpeza da desembocadura do río Loira
Por Redacción
As brigadas de limpeza e xardinaría do Concello de Marín continúan coas súas actuacións de saneamento nos diferentes ríos do municipio. Estes días están ocupados facendo unha actuación intensa na desembocadura e lavadoiro do río Loira que despois das chuvias estaba cheo de terra e de pedras.
Os traballadores municipais xa limparon o parque infantil e as zonas de maleza máis intensa para poder ofrecer unha imaxe e un aspecto mellor nun ámbito moi bonito.
Esta tarefa seguirá nos próximos días e concluiranse coa limpeza da zona da praia para o que será necesitará o emprego de maquinaria.