Marín limpa as súas praias ante a afluencia de bañistas polo bo tempo
Por Redacción
O goberno local do Concello de Marín deu orde ás brigadas de limpeza municipais para que acondicione os arenais debido a que o bo tempo está provocando unha notable afluencia de veciños.
A brigada municipal contou con persoal de apoio xa que están realizando un labor intenso e nada habitual nesta época do ano.
Ante as queixas recibidas no concello, tamén se está procedendo á limpeza da zona de paseo que estaban cheas de follas.