Cruz Vermella Pontevedra distribúe máis de 281.000 quilos de alimentos entre as familias desfavorecidas da bisbarra
Por Redacción
A segunda e última fase do Plan de Alimentos 2014 posto en marcha por Cruz Vermella finalizou coa repartición de 281.729,4 quilos e litros de alimentos entre as persoas desfavorecidas da bisbarra.
A organización distribuíu a través deste plan, que depende do Fondo Español de Garantía Agraría (FEGA), un total de 407.315,6 quilos no presente ano chegando a máis de 21.000 persoas en risco de exclusión.
Todos estes alimentos distribúense a través de Cruz Vermella e a Federación de Bancos de Alimentos (FESBAL), achegando unha cesta con nove alimentos básicos, non perecedoiros e de doado transporte e almacenamento que previamente foron comprados mediante un procedemento de licitación pública.
A entrega de alimentos é unha das intervencións básicas de Cruz Vermella previstas no chamamento de axuda Agora + que nunca, unha campaña coa que a organización pretende dar cobertura ás necesidades básicas das familias máis vulnerables, mellorar a empregabilidade das persoas ou o éxito escolar dos menores.
Relacionadas:
-
Novos deseñadores de moda e xoias amosarán as súas coleccións na #BarroFashión Solidario 2019
Por Redacción |
-
375 familias marinenses son axudadas por entidades sociais do municipio para poder alimentarse
Por Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra conta con 6.533 voluntarios dos cales 379 se incorporaron durante este ano
Por Oskar Viéitez |
-
O Banco de Alimentos necesita 1.200 voluntarios para a Gran Recollida Solidaria de novembro
Por Redacción |
-
Por que a xente escapa da Cruz Vermella?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |