Máxima alerta en Ponte Caldelas ante a crecida do río Verdugo polas intensas chuvias
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas activou un amplo operativo para facer fronte á enchente que experimentou o rio Verdugo como consecuencia das intensas chuvias que caeron nas últimas horas.
Un gran número de traballadores municipais procederon á limpeza de cunetas e desaugadoiros coa intención de que se facilite a evacuación da inxente cantidade de auga procedente das canalizacións de pluviais.
Especial atención están recibindo as zonas onde maior ameaza hai de que se desborde o río. Encóntrase na súa máxima altura en lugares como a parte posterior do Centro de Cultura e a praza empedrada xunto á pasarela de madeira. Todo o paseo da Calzada, próxima á canle natural do río xa se inundou este mércores ao saírse o afluente acuífero do seu trazado habitual.
O goberno municipal manterá este operativo de vixilancia permanente entre as brigadas municipais e de servizos co fin de que se poida atender calquera incidente ou emerxencia que se poida producir.
Relacionadas:
-
Retiran unha árbore de grandes dimensións que caera no leito do río Verdugo
Por Redacción |
-
Pontevedra, unha das cidades galegas máis afectadas polo primeiro gran temporal do outono
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
A Xunta alerta dun temporal por choiva de nivel vermello en Pontevedra
Por Redacción |