O Minipazo Club abre a inscrición para os talleres infantís
Por Oskar Viéitez
"Voulles a falar de cousas bonitas! ", dixo Anxos Riveiro ao iniciar a rolda de prensa na que presentou as actividades do proxecto Minipazo Club. Son catro: A hora do conto, Á procura do tesouro, e dúas novidades Experimenta e o Rocklab.
- "Experimenta" son talleres de Arte e Cultura Visual a cargo de Itziar Esquieta e destinados para nenos de 4 a 12 anos. Esta actividade comezará o 25 de outubro e dividirase en dous talleres, un para nenos de 4 a 7 anos (os sábados de 10.00 a 11,30 horas) e o outro de 8 a 12 anos (os sábados de 12.00 a 13,30 horas). Serán 29 sesións de outubro a maio de 2015, polas que se pagará unha cota de 80 euros.
- "RockLab", pretende que os nenos de primaria descubran o mundo do rock and roll mediante unha serie de talleres de expresión musical a cargo do "RockLab Team". Son tres talleres divididos por idades que empezarán o 20 de outubro e se prolongarán ata xuño de 2015, en 44 sesións. A cota a pagar por todos eles é de 80 euros.
- "A hora do conto", xa é unha actividade coñecida na cidade. Estes talleres de animación á lectura que organiza Pavís Pavós para nenos de 4 a 12 anos desenvolverase os sábados de 12.00 a 13.30 horas. Serán 20 sesións por un total de 40 euros e comezan o 25 de outubro.
- "A procura do tesouro", divídese este ano por idades en cinco talleres de expresión dramática, plástica e musical. Esta popular iniciativa de Migallas Teatro desenvolverase en 22 sesións cun prezo único de 40 euros.
INSCRICIÿNS
A matrícula realizarase por orde de inscrición ata esgotar as prazas. Deberá formalizarse en persoa.
A partir do 10 de outubro abrirase o prazo para Experimenta e RockLab e a partir do 13 de outubro para A hora do conto e Á procura do tesouro, no Pazo da Cultura de 8 a 14 horas.