A Xunqueira propón habilitar coma aula a cancha cuberta ante a masificación dos alumnos
Por Oskar Viéitez
O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, acompañado da Inspección Educativa mantivo unha reunión de traballo coa dirección do CIFP A Xunqueira de Pontevedra de cara a analizar a posible ampliación ou modificación dos seus espazos cara ao próximo curso, ante a masificación dos alumnos.
Deste xeito, comprobaron as obras que se están a executar na aula de música para habilitar un espazo que facilite a labor educativa no ciclo da madeira. "Hai que agradecer ao centro que estea a executar esta obra a través dos seus fondos propios", engadiu Pérez Ares.
Outra das solucións que se puxo sobre a mesa é a ocupación do antigo patio cuberto, "que sería pechado para a súa utilización como obradoiro. Hai que recordar que xa non é necesario o seu mantemento como zona deportiva ao carecer o centro deste tipo de formación", explicou o xefe territorial.
De todos os xeitos", matizou Pérez Ares, "calquera modificación necesitará dun proxecto técnico, da licenza municipal e do permiso de Costas, ao estar afectado como terreo de dominio marítimo-terrestre".
Aínda así, dende a Xefatura Territorial xa se puxo en marcha o estudo da viabilidade de distintas alternativas de cara a solucionar a falta de espazo no centro para o próximo curso.