Á praza da Ferrería fáltalle un anaco
Por Redacción
A praza da Ferrería reivindica estes días a súa historia a través dunha exposión instalada na praza de Ourense e o paseo Antonio Odriozola na que se inclúe unha maqueta do ámbito. Non obstante, dende esta madrugada, á peza fáltalle un anaco. Foi vítima dun acto vandálico de persoas que non foron identificadas.
O Concello de Pontevedra, impulsor da actividade, decatouse na mañá deste sábado, apenas 24 horas despois da instalación da exposición. Tras ter constancia, quixo informar do sucedido e colocouse na propia maqueta un cartel anunciando o sucedido.
"Algunha persoa malintencionada roubou parte desta maqueta, que intentaremos repoñer en breve", sinala o aviso. Nel, dende o Concello aproveitan para explicar que a maqueta mostra como era a praza sobre o ano 1900 e que tras os edificio a cor desa época aparecen os actuais en liñas grises.
En concreto, o anaco que arrancaron correspóndese co lateral da Ferrería situado na actual zona dos Soportais, os edificios contiguos á praza de Ourense e a Porta de Trabancas.