Todos os grandes delitos seguen baixando en Pontevedra, un 57% os roubos en vivendas
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
A evolución da delincuencia nos últlimos anos na provincia "presenta una línea de tendencia horizontal" que, aínda que ten lixeiras oscilacións, se mantén moi por debaixo da liña nacional. A situación confírmase este ano 2014 na cidade de Pontevedra e entre xaneiro e agosto os delitos e as faltas descenderon un 4%.
Os datos deunos a coñecer o comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Guillermo Sánchez, durante a celebración dos Santos Anxos Custodios, Patróns do Corpo Nacional de Policía. Segundo indicou, os descensos máis acusados rexistráronse nos delitos contra o patrimonio máis graves. En concreto, baixaron un 32% os roubos con violencia e intimidación e un 57% os roubos en vivendas.
Nos oito primeiros meses do ano tamén descenderon os delitos de malos tratos e contra as persoas, neste caso, "de forma máis moderada". Unicamente se rexistrou un incremento da criminalidade nos delitos e faltas de furto, un 2% e un 7%, respectivamente. Ao respecto, Guillermo Sánchez sinalou no auditorio da sede de Afundación en Pontevedra que "con moita frecuencia, o móbil é o móbil", en alusión ao aumento do furto de terminais telefónicos.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, que presidiu o acto, destacou a evolución positiva dos balances de delincuencia, que outorgan cifras á baixas tanto na provincia coma en Vigo e Pontevedra. Para lograrse estes balances, eloxiou o "gran servicio" que prestan a diario os axentes do Corpo Nacional de Policía.
"El actual Cuerpo Nacional de Policía en todas sus escalas responde a los criterios más exigentes de perfeccionamiento técnico y altísima competencia que le equiparan a las mejores policías del mundo y convierten esta institución en un ejemplo que ha servido de guía y enseñanza a muchas otras policías distribuidas por medio mundo", indicou o máximo representante do Goberno na provincia.
O acto, un dos máis concorridos dos últimos anos a pesar da ausencia anunciada do Sindicato Unificado de Policía (SUP) por discrepancias coa súa organización, serviu para condecorar coa Orde ao Mérito Policial funcionarios tanto do Corpo coma doutros ámbitos vinculados cuxo labor destacou no último ano.
Un dos axentes cuxo traballo se recoñeceu, o único que se levou a Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Vermello, foi Juan Pablo Casas Morante, axente que o 24 de xullo de 2013 foi unha das primeiras persoas en chegar ao lugar de Angrois, en Santiago de Compsotela, tras o descarrilamento do tren Alvia no que finalmente faleceron 80 persoas (79 recoñecidas na vía xudicial).
O axente condecorado por Angrois: "Es una medalla para toda la gente que estuvimos allí"
A casualidade quixo que aquel 24 de xullo fose o último día de Juan Pablo Casas destinado na Comisaría de Santiago antes do seu traslado en comisión de servizos a Pontevedra. ÿ o único axente que foi condecorado este ano por esta actuación en Angrois, se ben dende o SUP insisten en que habería máis funcionarios que o merecerían. El coincide en que "hay más compañeros que lo merecían, todos los que estuvimos en las vías", pero que agradece o seu distintivo e compártoo, pois considera que "es una medalla para toda la gente que estuvimos allí".
Este policía, que ingresou no Corpo hai cinco anos, ten tamén coñecementos en primeiros auxilios e, durante as horas nas que participou no operativo de rescate de Angrois, axudou a que os feridos baixasen do tren e ao seu traslado para recibir asistencia sanitaria. Recorda aqueles momentos como "un caos reinante", pero non se arrepinte da súa participación no rescate, pois "lo único que hicimos fue ayudar a la gente" e repetiría actuación.
O acto serviu para impoñer a Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Branco aos policías José Manuel Abuín Vila, Manuela Franco Sanromán, Noelia Álvarez Álvarez, Sonia María Abuín Aboy, María del Carmen Fernández Lorenzo, Manuel Ángel Cores Feijoo, Santiago Fontán Calviño e dous máis cuxa identidade non transcendeu. Ademais, condecorouse o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, o maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez; o tenente da Garda Civil Romay Roel e o policía xa xubilado Eliseo Costoya Broz.