225.000 euros para un taller de emprego en Vilagarcía
Por Redacción
Este luns inaugurouse o obradoiro de emprego "Vista Alegre III" que terá unha duración de seis meses.
O Concello de Vilagarcía e a Xunta invirten nesta iniciativa máis de 225.000 euros.
O obxectivo destes cursos é preparar a 21 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en Confección e Publicación de Páxinas Web e en Traballos de Carpintería e Moble: un director, una titora e dous monitores.
As persoas desempregadas participantes, como alumnado traballador, percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos.
No caso da comarca de O Salnés, serán catri os obradoiros a desenvolver nos próximos meses: Cambados, Mancomunidade de O Salnés, O Grove e Vilagarcía de Arousa. En total, investiranse 750.000 euros para a posta en marcha destes obradoiros de emprego que beneficiarán a máis de 100 persoas entre alumnos e monitores.