Abandona o seu coche tras caer ás rochas de madrugada no Grove
Por Diego Espiño
Sobre as 11:00 horas do domingo, un particular que paseaba pola zona de Laxe de Rons, no Grove, alertou a Policía Local da presenza dun coche accidentado nas rochas.
O vehículo, un Audi A3, non se encontraba excesivamente danado pero non había rastro do seu propietario.
Os axentes procederon a localizalo, algo que lograron ás 12:00 horas no seu domicilio. Alí o dono do coche argumentou que un despiste lle ocasionou saírse da vía arredor das 3:00 horas da madrugada, cando viaxaba con outras dúas persoas.
Todos eles resultaron ilesos, pero dadas as horas abandonaron o lugar dos feitos para solicitar, xa de mañá, un servizo de guindastre.
Esta solicitude chegou tras a intervención tamén de Protección Civil do Grove, que ademais de axudar á grúa especial necesaria para sacar o vehículo das rochas, tivo que limpar a zona ao terse producido verteduras de aceite e outros líquidos do motor, contaminando o lugar.
Estes labores remataron sobre as 14:30 horas, segundo informou a propia organización de voluntarios.