E os colchóns inchables botáronse ao Lérez
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Unha quincena de aventureiros protagonizaron o primeiro descenso do río Lérez en colchón inchable.
Traxes de neopreno, colchóns do máis variadas, complementos para lograr unha divertida caracterización e, sobre todo, moitas risas.
Raúl Sánchez: "Hay que darle una vuelta pero se repetirá"
O que empezou sendo unha broma entre amigos converteuse este xoves en realidade, cun descenso que partiu das inmediacións do Casino Mercantil para chegar ata a praia fluvial, non sen antes sortear algún obstáculo, como a presa que os obrigaba a realizar un tramo a pé.
A diversión foi tal que os participantes prometen que haberá segunda edición, "hay que darle un par de vueltas pero se repetirá", sentenciou convencido o pai da idea, Raúl Sánchez.