Sete detidos nun operativo da Garda Civil no Vao
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo sete persoas de entre 28 e 63 anos de idade nun operativo realizado na mañá deste xoves no poboado do Vao.
Segundo informou o Instituto Armado, foron arrestados J.L.A.G., de 31 anos; Y.J.G., de 28; M.C.J.M., de 36; C.G.C., de 63; M.G.C., de 40; M.I.G.B., de 40 e R.G.J., 28. e incautáronse 132 doses de heroína, 56 doses de cocaína, unha bascula de precisión, utensilios para corte e elaboración das doses, así como 3.741 euros en billetes e moeda fraccionada.
Durante a intervención da Benemérita realizáronse tres rexistros domiciliarios coa correspondente autorización do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra e apoiados os axentes por dous cans detectores de estupefacientes pertencentes ao Servizo Cinolóxico da Garda Civil de Pontevedra.
Ademais da droga e os efectos referidos acháronse seis televisións de pantalla plana e distintos tamaños, catro PSP Sony, tres DVD e un DVD de sobremesa; así como sete teléfonos móbiles, tres tabletas e tres Nintendo DSi.
A iso súmanse varias armas brancas, diversa ferramenta, dúas máquinas hidrolimpadoras, xoias de ouro, roupas de vestir e de cama debidamente etiquetada e empaquetada, ademais de catro vehículos.
A Garda Civil indicou que se continúan coas investigacións, polo que non descarta máis detencións. Os arrestados, xunto coas dilixencias, serán postos a disposición da autoridade xudicial.
Relacionadas:
-
O clan de 'La Coneja' acepta 21 anos de cadea por vender cocaína e heroína no Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A última redada policial no Vao resólvese cun acordo entre Fiscalía e os sete detidos
Por Redacción |
-
Nova detención na "Operación Oscuridad" contra o tráfico de drogas no poboado do Vao
Por Oskar Viéitez |