O atraso no pagamento das indemnizacións do FOGASA leva á CIG a convocar protestas
Por Redacción
As queixas sindicais polo atraso no pagamento das indemnizacións derivadas do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) increméntanse despois de que o Goberno central comunicase que os pagamentos que se efectúen durante este ano en Pontevedra só cubran o 40% da cantidade correspondente.
Segundo denunciaron o secretario de organización, Rafael Iglesias, e o secretario comarcal da CIG, Marcos Conde, esta decisión adóptase para axustar o déficit público e supón un importante problema para os 6.000 traballadores que en Pontevedra solicitaron estas indemnizacións, que se corresponden con desempregados de empresas que se encontran en concurso de acredores ou en situación de insolvencia.
Segundo denuncian dende o sindicato nacionalista, actualmente o atraso no pagamento por parte do alcanza os 16 meses e sinalan que con esta nova medida se aboará o 40% para, a continuación, abrir un novo expediente que atrasará o cobramento da cantidade total ata 25 ou 30 meses, segundo manifestou Rafael Iglesias.
Ante esta situación, a CIG convocou unha asemblea no sindicato este martes 16 ás 19.30 horas ademais de no Salnés e en Deza coa intención de iniciar actos de protesta no prazo de dez días e reclamar, desta forma, o pagamento das indemnizacións completas nun prazo breve de tempo que evite as dificultades económicas ás que se enfrontan as familias que se encontran nesta situación tras perder o seu posto de traballo.
Relacionadas:
-
Que hai do meu? Os traballadores preguntan polo diñeiro que lles debe o Fogasa
Por Oskar Viéitez |
-
Un cento de afectados polo atraso de pagamentos do Fogasa concéntranse ante a Subdelegación
Por Redacción |
-
O Ministerio de Emprego reclama cartos a parados que aínda non recibiron o pagamento do Fogasa
Por Redacción |
-
O FOGASA acumula máis de 9.000 expedientes á espera de resolución
Por Anxo Lourido |
-
Os sindicatos cánsanse do atraso de FOGASA no pagamento de indemnizacións aos despedidos
Por Redacción |