Unhas xornadas nacionais de taichi porán o broche de ouro á programación de Ponteverán
Por Redacción
Ponteverán, o programa de lecer e tempo libre xuvenil e para as familias, chega ao seu fin coa última das súas propostas, as III Xornadas Nacionais de Taichi. Estas sesións toman o relevo das anteriores, celebradas en Mérida e Salamanca. Este evento foi presentado este xoves no Concello de Pontevedra por parte do concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez Junquera, e un dos seus organizadores, Alejandro Bello.
Alejandro Bello destacou que con esta iniciativa búscase animar á mocidade para que practiquen esta disciplina. "Está moi ben para que a xente maior para conservar a súa saúde, pero aos que vemos facelo non aprenderon aos 90 anos, o fixeron desde pequenos", afirmou. Trátase, dixo, dunha arte marcial e debe ser ensinada cos compoñentes marciais, de saúde e filosóficos.
Estas xornadas, que se celebrarán este venres 12 e sábado 13 de setembro, veñen a complementar a grande demanda que ten esta actividade en Noites Abertas, onde xa leva tres anos impartíndose e na que cada vez se incrementa o número de afeccionados.
Os mestres que impartirán as clases e conferencias son Víctor Arellano (Mérida), Luís Solorzano (Salamanca), Patricio Collado (Toledo), Juan Carlos Serrato (Madrid), María Rodríguez (Pontevedra) y Alejandro Bello (Pontevedra).
Todos estes profesionais son delegados da Escola Superior Wudao do mestre Juan Carlos Serrado, que impartirá a clase gratuíta do sábado. Serrado é coñecido mundialmente polos seus coñecementos do Taichi, estilos Chen e Wudang. De feito, foi o primeiro en introducir as ensinanzas dos monxes do monte Wudang no estado español.
As actividades repartiranse entre o Pavillón Municipal, o Teatro Principal e a avenida de Santa María, un lugar destacado polos organizadores, xa que sinalaron que o taichi "hai que aprendelo nas escolas, pero o ideal é practicalo ao aire libre".