Unha moza cae co seu coche por un terraplén en San Vicente de Cerponzóns
Por Oskar Viéitez
Conducía o seu Renault twingo en dirección a Santiago cando se quedou durmida.
O coche cruzou a gran velocidade os dous carriles da estrada Nacional 550 sen alcanzar a ningún outro vehículo e coándose por un espazo sen quitamedos ata precipitarse por un terraplén.
Nun primeiro impacto o frontal do coche golpeou coas súas rodas contra o muro do talud. O turismo quedou estonces vertical ata voltear completamente e quedarse co maleteiro apoiado na estrada e o teito tocando o muro.
Foi entón cando a muller intentou saír do vehículo, abriu a súa porta e caeu na calzada.
Os axentes da Garda Civil que a socorreron comentaron a gran sorte que tivo a condutora pois quedou aparvada e sen moverse á beira do vehículo que en calquera momento puido caerlle encima.
O suceso tivo lugar minutos antes das 9:00 da mañá no quilómetro 113 da citada estrada ao seu paso pola parroquia pontevedresa de San Vicente de Cerponzóns.
Os bombeiros traballaron en asegurar a zona e limpar a calzada ante os restos do turismo e de aceite que o accidente deixou no asfalto.
A condutora que en todo momento, consciente e orientada, foi trasladada en ambulancia ao Hospital Miguel Domínguez.