O PP súmase á Plataforma Moteira e recorda que xa alertou en 2012 das deficiencias da ponte das Correntes
Por Natalia Puga
Nun escrito de decembro de 2012 e noutro de xaneiro de 2013. En ambos os dous o voceiro local do PP, Jacobo Moreira poñía sobre aviso ao Concello de Pontevedra das "deficiencias de seguridade vial existentes na ponte das Correntes". Así o fixo público este xoves o propio concelleiro 'popular' e así llo trasmitiu ao presidente da Plataforma Motera para a Seguridade Vial, Manuel Picón.
Moreira reunise con Picón despois de que a súa plataforma levantase a voz de alarma ante o estado dos valos da rotonda da avenida Domingo Fontán, que se converteron en "coitelas mortais para todos os usuarios da vía, e máis para os ciclistas e motoristas, que simplemente con achegarse ao valo por erro, despiste ou accidente sufrirán cortes de consideración á altura das pernas".
Ao término da reunión, o PP emitiu un comunicado no que explica que o obxectivo da reunión era "interesarse pola denuncia" da plataforma. Engadiu que querían transmitir a Picón a súa preocupación polo estado no que se atopan os gardarrais e a existencia dos citados escritos de 2012 e 2013 sobre a seguridade vial da zona.
Nos escritos presentados ao Concello o voceiro 'popular' asegura ter acceso aos informes técnicos que, pola información que teñen os 'populares', xa entonces advertían desas deficiencias na ponte das Correntes. Ningún dos dous documentos foi contestado.
Tras a denuncia da Plataforma Motera, o presidente do PP local agarda que o Concello tome medidas e arranxe coa maior brevidade esta situación que supón un perigo para os ciclistas e motoristas.