As obras nas rúas de Cervera Mercadillo, Álvarez Limeses e Blanco Porto, a piques de comezar
Por Redacción
As obras nas rúas de Víctor Cervera Mercadillo e Gerardo Álvarez Limeses (no barrio de San Antoniño) e da segunda fase da rúa de Blanco Porto comezarán nos próximos días. As tres actuacións, que impulsa o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, están xa adxudicadas provisionalmente e as empresas presentaron toda a documentación.
Unha vez que se formalice a adxudicación e se asinen os contratos iniciaranse uns traballos que totalizan un investimento de 505.717 euros. As tres rúas estarán rematadas antes de fin de ano. Na Xunta de Goberno Local celebrada este luns quedou rematada a tramitación para a actuación na rúa de Álvarez Limeses e o mesmo sucederá, de inmediato, coas dúas restantes.
As obras da rúa de Víctor Cervera Mercadillo estarán a cargo de Oresa cun orzamento final de 131.258,64 euros. O prazo inicialmente previsto ronda os 4 meses. No caso de Gerardo Álvarez Limeses, a seleccionada é Covsa e o orzamento sobe ata os 221.846,85 euros, cun prazo máximo de 5 meses. Finalmente, Blanco Porto estará a cargo da firma Construcciones EC Casas, que dispón dun máximo de catro meses.
Louro anticipa que agarda que os traballos rematen antes dos prazos autorizados.
Relacionadas:
-
Restricións para o tráfico na praza de Galicia e en San Antoniño
Por Redacción |
-
Cortan ao tráfico as rúas Álvarez Limeses e Víctor Cervera Mercadillo para iniciar a súa rehabilitación
Por Redacción |
-
Oresa, Covsa e EC Casas, adxudicatarias das novas reformas urbanas
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra aproba investimentos por 1,4 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Xuntanza veciñal para coñecer os proxectos das rúas de Víctor Cervera-Mercadillo e Gonzalo Gallas
Por Redacción |
-
Urbanismo afronta a reforma do barrio de San Antoniño
Por Redacción |