Ferida unha muller en Barrantes ao caerlle unha maceta na cabeza
Por Redacción
A Garda Civil investiga as causas que provocaron que unha muller resultase ferida ao caerlle unha maceta na cabeza cando camiñaba pola rúa Valle Inclán de Barrantes en Ribadumia durante últimas horas da tarde deste venres 22.
Os primeiros indicios fan pensar que se tratou dun accidente fortuíto e que a mala sorte provocou que a caída do recipiente coincidise cando a muller de ao redor de corenta anos pasaba por debaixo da vivenda na que se encontraba a maceta. A vítima sufriu unha brecha de grandes dimensións na cabeza pero non chegou a perder a consciencia.
Segundo unha testemuña presencial, a ambulancia solicitada polos veciños para socorrer a muller ferida tardou media hora en chegar ao lugar.