180 persoas iniciarán a finais de agosto cursos de inserción laboral do programa Aquelando
Por Redacción
Un grupo de 180 persoas participarán en nove cursos que se van desenvolver en Pontevedra, Ponteareas e Valga para integrarse laboralmente a finais do mes de agosto despois de superar un proceso de selección que comezou durante a xornada deste mércores 14 no Centro Príncipe Felipe, nun acto no que se explicaron as condicións particulares de cada un dos cursos.
Os nove cursos que se van iniciar son os de Atención sociosanitaria ás persoas no domicilio e a Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais, que se impartirán nos concellos de Pontevedra e Ponteareas: Dinamización Comunitaria, que se desenvolverá en Valga, e Xestión de chamadas de teleasistencia, Inserción laboral de persoas con discapacidade, Limpeza de superficies e mobiliario de edificios e locais, e Animación de actividades físico-deportivas e recreativas que se impartirán no Centro Príncipe Felipe da Deputación, en Pontevedra.
As persoas que participan obterán o certificado de profesionalidade, que lles dará a oportunidade de mellorar as súas perspectivas de inserción no mercado laboral.
Con esta iniciativa, a Deputación logrou xa a inserción laboral de medio centenar de persoas. Está previsto que 360 persoas poderán mellorar as súas perspectivas a través destes cursos que forman parte da terceira edición do proxecto Aquelando3 cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación Provincial. dirixido a colectivos con maiores dificultades para encontrar traballo.