Un kamikaze de 80 anos circula máis de tres quilómetros en sentido contrario pola AP-9
Por Redacción
A Garda Civil de Tráfico de Pontevedra interceptou ao longo da xornada do domingo un condutor kamikaze que circulaba pola autoestrada AP-9 e sentido contrario. Mantivo este comportamento ao longo de 3,3 quilómetros do termo municipal de Vilaboa.
Segundo informou a Garda Civil, o condutor era un home de 80 anos que responde ás iniciais E.V.C. e que, por eses feitos, foi imputado por un delito contra a seguridade do tráfico e terá que presentarse ante un Xulgado de Instrución de Cangas.
Denuncian un condutor que circulaba sen permiso despois de perder os puntos asignados en tres ocasións
O condutor circulaba a bordo dun turismo Mercedes 220 en sentido Pontevedra-Vigo, pero utilizando os carrís de sentido Vigo-Pontevedra. Percorreu un tramo comprendido entre os puntos quilométricos 137,600 e 141, cruzándose con numerosos vehículos sen chegar a colisionar con ningún deles.
CONTROIS DE ALCOHOLEMIA
Entre a tarde do venres e a tarde do domingo, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou 2.759 probas de alcohol e drogas en 106 controis distintos situados en diversas estradas da provincia, das que 165 deron resultado positivo.
Os controis realizáronse en municipios como Lalín, Cangas, Baiona, Tomiño, Sanxenxo, Vilagarcía, Pontevedra e Cambados. Das 165 positivas, por 22 instruíronse dilixencias penais e tamén se denunciou a un condutor que circulaba sen permiso despois de perder os puntos asignados en tres ocasións.
Relacionadas:
-
Denuncian un condutor kamikaze que circulaba de madrugada pola AP-9 en sentido contrario
Por Natalia Puga |
-
Conduce bébedo e en sentido contrario pola avenida de Marín de madrugada
Por Natalia Puga |
-
Deteñen un motorista kamikaze que circulaba sen permiso e cunha garrafa de gasolina como depósito
Por Redacción |