López-Torre, ÿscar Graña, Maquieira e a parroquia de San Bartolomé, premiados por Amigos de Pontevedra
Por Redacción
Amigos de Pontevedra xa designou as persoas e entidades que recibirán a homenaxe este ano, que como é habitual se celebrará a véspera da Peregrina. Son:
- Rafael López Torre, xornalista.
- Juan Luís Sobrino Pérez-Crespo, director da Escola Naval Militar de Marín.
- ÿscar Graña Blanco, campión do mundo de piragüismo e subinspector do Corpo Nacional de Policía.
- Jesús Maquieira Filgueira, empresario e veterano pescador.
- Elena Vilán González, mestra xubilada.
- Adrián Esperón Vidal, campión de España de baile deportivo.
- Parroquia de San Bartolomé.
Esta 'xuntanza' vén sendo tradicional, dende hai corenta e tres anos, nas xornadas festivas do verán, premiando aquelas persoas e entidades que dalgunha forma, por prestixio ou traballo, contribuíron ao engrandecemento da cidade.
Con esta iniciativa Amigos de Pontevedra pretende enxalzar e recoñecer o labor realizado por estas persoas e entidades a través de diferentes disciplinas como a educativa, deportiva, institucional ou social. Así ao longo destes anos teñen sido galardoados médicos ilustres, profesionais competentes, deportistas, traballadores, novas promesas, industriais, emigrantes e persoas sinxelas que se destacaron polo seu amor á cidade.
No tradicional 'xantar' do próximo día 9 de agosto, que se celebrará ás dúas da tarde na cafetaría-restaurante do Pazo de Cultura, se realizará a entrega destas distincións, que nesta XLIII edición.
As tarxetas para asistir á comida homenaxe poderanse recoller, antes do día 7 de agosto, en Almacenes Clarita, Cafetería Center Soportales, Cafetería Blanco y Negro, Hotel Comercio e Cafetería Borona 2 (Rúa Joaquín Costa).