Colisión entre un autobús e un turismo na vía rápida do Salnés
Por Redacción
Unha autobús de Monbus cargado de pasaxeiros viuse involucrado nun accidente múltiple acontecido na vía rápida do Salnés, no tramo comprendido entre a rotonda de Vilariño e a de Barrantes.
Non houbo danos persoais.
Segundo informou Protección Civil de Cambados o suceso tivo lugar ás 2:45 horas na VG-4.3. á altura do quilómetro 3, pouco despois da gasolineira de Vilariño.
A veciña de Cambados, C.I.A. de 64 anos, invadiu o carril contrario co Audi que conducía, golpeando no lateral ao autobús que circulaba polo carril contrario. Un terceiro vehículo, marca Saab foi alcanzado por unha moldura que se soltou do autobús.
Ata o punto desprazáronse Protección Civil de Cambados, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada do 061, con persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cambados a bordo que trasladou á condutora do Audi ao presentar un cadro de ansiedade.