Máis da metade das confrarías de pescadores renovan aos seus patróns maiores
Por Redacción
Un total de seis patróns maiores das confrarías da nosa contorna renovaron o seu cargo tralas eleccións realizadas ás confrarías de Galicia o pasado 28 de xuño, nas que por primeira vez, as 63 confrarías votaron nun proceso electoral único e simultáneo para elixir aos seus representantes.
Este xoves foron proclamados definitivamente os patróns maiores elixidos en 62 das 63 confrarías e o seguinte paso será o da toma de posesión, que se celebrará este sábado 26 de xullo.
Un total de sete novos rostros poranse á fronte das confrarías de Galicia, mentres que o resto revalidan o seu cargo, a excepción da confraría de Raxó, onde se repetiron as eleccións e hai un novo calendario electoral.
LOURIZÁN | Carmen Vázquez Nores * |
MARÍN | Enrique González López |
PORTONOVO | José Antonio Gómez Castro * |
VILAXOÁN | Manuel Tarrío Fernández * |
VILANOVA | María José Vales Martínez |
VILABOA | María del Carmen Cortegoso Gómez * |
RAXÿ | PENDIENTE |
PONTEVEDRA | César Rodríguez Piñeiro |
A ILLA | Juan José Rial Millán |
CARRIL | José Luis Villanueva |
BUEU | José Manuel Rosas Otero * |
CAMBADOS | Ruperto Costa |
SANXENXO | Sauro Martínez Durán * |
O GROVE | Antonio Otero |
* Repiten como patrón maior
No caso da Confraría de Pescadores de Raxó, a primeira votación do 28 de xuño foi anulada por acordo da Xunta Electoral debido á impugnación presentada por un dos socios contra o sistema de votación, dado que había un defecto nas papeletas. Esta confraría volveu ás urnas o día 19 de xullo e dispón dun novo calendario electoral do proceso.
Deste xeito, este xoves rematou o prazo para a presentación de recursos contra a proclamación provisional e a proclamación definitiva de vogais da xunta xeral será o vindeiro 29 de xullo. Ao día seguinte, será a súa sesión constitutiva e tomarán posesión os vogais. O 5 de setembro será a proclamación definitiva do patrón maior, vicepatróns maiores e vogais do cabido e o 7 de setembro a toma de posesión nos seus cargos.