Jacobo Moreira, novo presidente local do PP co obxectivo de "devolver Pontevedra a los pontevedreses"
Por Natalia Puga
Jacobo Moreira converteuse este sábado no novo presidente local do PP de Pontevedra co apoio do 97,4% dos asistentes ao Congreso dos 'populares' pontevedreses. Tras conseguir 323 avais para presentar a súa candidatura, o apoio presencial ao seu proxecto viuse descafeinar pola baixa asistencia dos afiliados á cita no Hotel Galicia Palace. O respaldo foi abafador, pero traduciuse en só 115 votos (emitíronse 118).
Nesta nova etapa, Moreira márcase como obxectivo "devolver Pontevedra a los pontevedreses" fronte á forma de gobernar do actual bipartito BNG-PSdeG que ocupa o Concello, fronte ao que define como unha "alianza de perdedores" que "solo se ponen de acuerdo en cerrar las puertas y las ventanas de Pontevedra".
Na súa opinión, o PP é o partido "que más se parece a Pontevedra" e promete un "proyecto integrador para todos" no que "vamos a hablar menos y escuchar más". Móstrase convencido de que "los del Partido Popular hemos emprendido el camino de vuelta a la Alcaldía" da capital tras catro mandatos de goberno de esquerdas, pero, para iso, pide a colaboración de todos os afiliados e simpatizantes, pois, parafraseando ao recentemente falecido Alfredo Di Stéfano, "ningún jugador es tan bueno como todos juntos.
Pídelles a súa colaboración porque "es hora de desenmascarar a Lores" ante os pontevedreses e que se decaten "siguen teniendo los mismos problemas que hace 16 años", antes do primeiro Goberno nacionalista.
Tras ser elixido novo líder do partido, prometeu aos afiliados que non lles fallará nin defraudará porque "habéis depositado en mí vuestra confianza" e enumerou os seus agradecementos ao xa ex presidente local do partido, Telmo Martín, de quen asegurou que "no es fácil coger el testigo" porque "dejó el listón muy alto". A súa esposa, as súas fillas e os seus pais; o secretario de organización do PPdeG, Alfonso Rueda; e todo o equipo que o acompaña tanto no grupo municipal 'popular' como no comité executivo do partido recibiron tamén a súa gratitude.
O presidente provincial do partido, Rafael Louzán, tamén afondou en eloxios a Telmo Martín, a quen dende o PP "temos que estarlle moi agradecidos" polas dúas eleccións municipais que gañou como candidato a pesar de non conseguir a Alcaldía. Está convencido de que "se tivesemos a reforma da Lei Electoral, tan necesaria, hoxe Pontevedra sería outra" e Martín "probablemente sería alcalde". Ante a realidade dun goberno local bipartito, o novo partido que lidera Jacobo Moreira ten por diante 316 días para cumprir co obxectivo de gañar os próximos comicios.
Feijóo anima a Moreira a traballar para "que Pontevedra deixe de ser o parque temático do nacionalismo urbano"
Tras a intervención de Alfonso Rueda, o congreso clausurouno o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que insistiu na idea de que o partido gañou as dúas últimas eleccións municipais en Pontevedra, nas que "Telmo non lle gañou ao señor Lores, senón que o bapuleou democraticamente". Animou a Moreira e o seu equipo en traballar para aprobar a "materia pendente do Partido Popular" de gobernar na capital e, desta forma, conseguir "que Pontevedra deixe de ser o parque temático do nacionalismo urbano".
O congreso tamén serviu de despedida para Telmo Martín, quen, no seu discurso como presidente saínte, fixo un repaso aos seus sete anos presidindo a agrupación local e asegurou que "siempre" gardará "el mejor de los recuerdos" da súa etapa política en Pontevedra. No pude conseguir la alcaldía para mi partido, pero faltó muy poco, indicou, en alusión ás dúas eleccións municipais nas que se presentou como candidato.
Martín recordou os resultados de ambas as dúas campañas. En 2007 quedou a "unos centenares de votos" da maioría absoluta, logrando o 45% dos votos e 16 puntos máis que o segundo partido, uns datos dos que asegura que "serán difíciles de repetir en unas elecciones municipales". En 2011 gañou de novo os comicios, pero quedou co 40% dos votos e tampouco gobernou.
No momento de dar o relevo á fronte do partido recoñeceu que sin duda, he cometido muchos errores", pero está convencido de que el e o seu equipo foron "determinantes" para que o Goberno local "se pusiera las pilas" e afrontase proxectos que o Partido Popular propuxera. Para esta nova etapa, pediu a "máxima colaboración y lealtad" dos afiliados a Jacobo Moreira.
Relacionadas:
-
Moreira encara a carreira á Alcaldía de Pontevedra co reto de "devolverle el liderazgo económico"
Por Natalia Puga |
-
Jacobo Moreira, confirmado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra comeza a elaboración do seu novo programa electoral
Por Redacción |
-
María José Rodríguez Teso e Rafael Domínguez arrouparán a Jacobo Moreira á fronte do PP local
Por Redacción |
-
Moreira ofrécese para recoller as preguntas dos cidadáns e trasladárllelas a Lores en Pleno
Por Natalia Puga |
-
Fernández Lores: "Moreira só está defendendo os intereses do seu partido e facendo méritos para medrar no PP"
Por Redacción |
-
O portavoz do Goberno local sobre a elección de Moreira: "Parece que non tivo moita acollida entre os militantes"
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira toma posesión do seu escano no Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira, próximo presidente local do PP: "Me haría mucha ilusión ser candidato a la alcaldía de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Jacobo Moreira, único candidato á presidencia do Partido Popular de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Moreira reúne os avais necesarios para presentar a súa candidatura á presidencia do PP local
Por Redacción |