Primeira dimisión no PSOE pontevedrés por discrepancias coa xestión de Santos Héctor
Por Alejandro Espiño
Os problemas internos do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra non se deteñen. Tras a elección de Santos Héctor como líder provincial, parecía que os socialistas entraran nun período de maior estabilidade, pero de novo as augas baixan revoltas na formación. E todo tras anunciarse a primeira dimisión no seo da executiva provincial.
Trátase de Isabel Dominguez, responsable de Infraestruturas e Territorio o PSOE pontevedrés. Confirma que presentará a súa dimisión "irrevocable" pola súa "discrepancia absoluta" co secretario provincial. En declaracións a La Voz de Galicia, asegura que a executiva pontevedresa "es una tomadura de pelo" e que Santos Héctor "miente a la dirección y se niega a cumplir resoluciones aprobadas por unanimidad".
""Por tres veces nos aseguró que la candidatura electoral la había cerrado Pachi Vázquez y que era imposible introducir los cambios que le pedíamos, y luego resultó que el comité de listas introdujo varios cambios sobre la candidatura que él decía que era imposible tocar", asegura a dirixente socialista, concelleira en Baiona e exdelegada provincial da Consellería de Política Territorial no goberno de Emilio Pérez Touriño.
Ademais, Domínguez afirma que Santos Héctor negouse tamén a transmitir a Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE,a petición da súa dimisión que a executiva pontevedresa aprobou por unanimidade tras a derrota electoral. "Negó que existiese ese acuerdo, cuando él mismo lo aceptó como todos los demás, pero al final quien lo manipula le impidió plasmar nuestra decisión".
"No sé quién mueve los hilos de Santos Héctor, pero entre él o quien lo utiliza y la ejecutiva nacional hay un pacto para frenar cualquier intento de renovación y exigencia de responsabilidades", asegura Isabel Domínguez, cuxa dimisión farase efectiva o próximo 1 de decembro, coincidindo coa celebración do comité provincial do PSdeG-PSOE.