O vial das praias marinenses volve ao sentido único
Por Redacción
Motivado ao comezo da tempada de verán, e igual que en anos anteriores, o Concello de Marín establecerá o sentido único de circulación en todo o vial de praias, dende Portocelo a Gago de Mendoza, no período do 13 de xuño ao 15 de setembro do 2014.
Os condutores que utilicen o vial de praias de Marín deberán ter en conta que no tramo comprendido entre Bagüín e a rúa Gago de Mendoza en Aguete deixará de ser de dobre sentido de circulación.
Instalaranse os sinais correspondentes para a advertencia dos condutores.