Os traballadores de Tafisa rexeitan o plan de recolocación que propón a empresa
Por Redacción
O comité de empresa de Tafisa rexeita o plan social, que a dirección lles presentou na primeira reunión negociadora para recolocar algúns traballadores noutras fábricas da empresa e outros ofrecerlles formación para o autoemprego.
O presidente do comité de empresa, José Manuel Moledo, recoñece que a empresa "quíxonos vender un plan de recolocación que nunha fábrica de Solsona, según eles, tivo un éxito tremendo", pero os representantes dos traballadores afirman que falaron cos ex empregados desas factorías "e nos din que se senten engañadísimos porque non recolocaron a ninguén". Moledo asegura que as recolocacións son practicamente nulas e que o plan proposto consiste en que unha empresa de recolocación externa, Moa BPIGooup, ensine aos traballadores a elaborar cartas de presentación, currículos e a ofrecer información sobre como converterse en autónomo.
Por este motivo, os traballadores van continuar reclamando apoios nas institucións. Este mediodía reuníronse co secretario provincial doPSOE, Santos Héctor. E mañá, venres 30, asistirán ao pleno da Deputación no que se debaterá o peche da fábrica de taboleiros de Ponte Caldelas. Polo momento, continúan sen ter noticias sobre a reunión que solicitaron co conselleiro de Industria ou co presidente da Xunta de Galicia. "Mañá agardamos que no pleno da Deputación poidamos obter unha resposta", apuntou Moledo.
Relacionadas:
-
A empresa xustifica agora o peche de Tafisa nos problemas económicos de todo o grupo Sonae
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Traballadores de Tafisa xunto ás súas familias maniféstanse contra o peche da fábrica
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Louzán sobre o peche de Tafisa e de Crespo: "ÿ un problema extremadamente grave"
Por Mónica Patxot & Redacción |