Os comedores escolares de Pontevedra servirán este martes menús sen glute polo Día do Celíaco
Por Redacción
Este martes 27 de maio Serunión conmemorará por cuarto ano consecutivo o Día Nacional do Celíaco, servindo máis de 132.000 menús sen glute nos comedores escolares que xestiona en todo o territorio nacional, en Pontevedra serán máis de 900 nenos que acoden diariamente aos quince comedores escolares públicos do municipio.
A empresa de restauración colectiva explicou que deseñou unha serie de accións co obxectivo de sensibilizar e informar os nenos sobre esta intolerancia alimentaria que afecta a máis de 450.000 persoas en España.
A acción conta dende a edición anterior co apoio da Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).
En virtude deste acordo, a empresa e FACE traballan de forma coordinada, revisando os menús sen glute e formando o persoal da compañía para mellorar o servizo ao colectivo celíaco.