A colecta da Asociación contra o Cancro do 5 de xuño dedícase á investigación
Por Redacción
A Asociación española contra o Cancro de Pontevedra (AECC) vai celebrar o próximo 5 de xuño a súa tradicional campaña de colecta que, neste ano, se dedica á investigación.
Esta actividade é, segundo a xunta provincial da asociación. é unha das principais fontes de ingresos da entidade, base para seguir mantendo e axudando de forma integral as persoas enfermas de cancro e as súas familias. Ademais con esta proposta recádanse fondos para apoiar á prevención, educación para a saúde e, sobre todo, á investigación.
A mensaxe deste 2014 é 'Alto e claro contra o cancro: Investigación' e a previsión do colectivo é encher a cidade de petos verdes solidarios. Por este motivo, a asociación reclama que todas as persoas que queiran que colabora o 5 de xuño poden facelo poñéndose en contacto co departamento de voluntariado da Xunta Provincial de Pontevedra a través dos teléfonos 986.865.220 e 647.670.121 ou visitando as oficinas situadas na rúa Augusto González Besada 9, 1.