Os portos de Vilanova, Pedras Negras, Sanxenxo, Portonovo e Combarro manteñen a súa bandeira azul
Por Redacción
Trala adxudicación das bandeiras azuis ás praias, Portos de Galicia revelou que 17 de portos que tutela recibirán este ano o distintivo medioambiental de calidade, tres máis co pasado ano.
Entre estas instalacións atópanse os portos de Pedras Negras, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Combarro e Portonovo, que manteñen así a bandeira azul que recoñece a calidade dos seus servizos.
As novas instalacións incluídas nesta lista son os portos de Viveiro, Ribeira e Marina de Sada, sumándose a Camariñas, Ribadeo, Ares, Ortigueira, Club Náutico de Sada, Cabo de Cruz, Portosín, Baiona e Monte Real Club de Yates, tamén de Baiona.
Galicia, con estas 17 bandeiras máis as dúas concedidas a portos de titularidad estatal, é a terceira comunidade autónoma con máis distintivos tras Cataluña e Baleares.