Canto custa unha bandeira azul?
Por Oskar Viéitez
Ser o municipio español con máis bandeiras azuis ten un prezo. Concretamente, o gasto que realizaba anualmente o Concello de Sanxenxo, ata o pasado ano 2013, superaba os 600.000 euros, preto de 45.000 euros por praia, aínda que os temporais deste ano farán que esta cifra se incremente.
A este diñeiro hai que sumar as axudas da Xunta a través do Plan de Cooperación ou da Deputación de Pontevedra co que o gasto final é maior.
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, sempre se referiu a este esforzo económico como un investimento, algo no que coinciden os empresarios do sector turístico da vila.
O izado das bandeiras azuis leva consigo a contratación de persoas para limpar os areais, a salubridade da auga, socorristas, ramplas de acceso ou o balizamento das praias, entre outros custos. Este luns o Diario Oficial de Galicia, publicou a convocatoria do concurso para a contratación do balizamento para os dous próximos veráns de 16 praias do municipio por un importe máximo de 210.000 euros, IVE engadido.
Dende a Asociación da Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), entidade que outorga as bandeiras azuis, recordan que participar do programa non custa nada pero que o esforzo paga a pena porque ter a bandeira atrae máis turistas coa importancia que isto ten nun sector que na provincia de Pontevedra reúne 27.027 empresas, o que representa o 12 por cento do seu Produto Interior Bruto (PIB).
Relacionadas:
-
Gozar dunha praia con Bandeira Azul non é de balde
Por Redacción |
-
118 personas optan a traballar este verán na vixilancia das praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Bandeiras de prestixio
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo contratará este verán a 60 socorristas e sanitarios para vixiar as praias
Por Redacción |
-
Os portos de Vilanova, Pedras Negras, Sanxenxo, Portonovo e Combarro manteñen a súa bandeira azul
Por Redacción |
-
Sanxenxo segue a ser o municipio con mais bandeiras azuis, con 14 praias
Por Redacción |