Rescatan un home que caeu nun foxo en Fernández Ladreda
Por Oskar Viéitez
Minutos antes das cinco da tarde as sirenas de dous camións de bombeiros pasando a gran velocidade alertaban aos veciños do centro de Pontevedra.
Os servizos de urxencia acudían ao número 36 da rúa Fernández Ladreda atendendo a unha chamada de socorro pola caída dun home a un foxo.
Ata o lugar achegouse unha ambulancia medicalizada do 061 ademáis de varias dotacións da Policía Nacional xunto a axentes municipais.
Efectivamente, un home precipitouse no interior dun foso duns tres metros de profundidade lesionándose nunha perna o que lle impedía saír do lugar polo seu propio pé.
O rescate non tivo gran complicación.
O ferido é José Benito Fernández Couso, coñecido por moitos pontevedreses coma o voceiro da plataforma de afectados polo desdoblamiento o vial Pino-Bora, a ampliación da PO-542.
Foi trasladado ao hospital Miguel Domínguez para ser atendido das súas feridas.