O Concello abrirá un expediente á concesionaria do matadoiro tras o seu peche preventivo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra abrirá un expediente informativo á empresa concesionaria do matadoiro municipal tras o seu peche preventivo por "seguridade alimentaria".
A concelleira responsable da área de Mercado, Carlota Román, presentará esta proposta á xunta de goberno do próximo luns despois de decatarse polos xornalistas María Boullosa e Serafín Alonso de Diario de Pontevedra que a Consellería de Sanidade ordenou o precinto do matadoiro municipal suspendendo a actividade en toda a planta de xeito temporal.
Dende o pasado 7 de abril a empresa pontevedresa Carnifex S.L. é a nova adxudicataria do Matadoiro Municipal de Pontevedra. A xunta de goberno local autorizou a subrogación da explotación do servizo a esta firma despois da quebra da anterior concesionaria.
A nova adxudicataria, que conta con 19 traballadores, rexeitou que no matadoiro exista algún tipo de irregularidade que xustifique o precinto preventivo das cámaras frigoríficas.
Relacionadas:
-
Un xulgado anula a multa de 14.000 euros de Sanidade ao matadoiro tras o peche cautelar de 2014
Por Natalia Puga |
-
Sanidade prevé levantar a suspensión de actividade ao matadoiro municipal nos vindeiros días
Por Natalia Puga |
-
O matadoiro inicia as obras para corrixir as deficiencias que levaron ao peche preventivo
Por Natalia Puga |
-
Sanidade retira o precinto da carne retida, pero mantén pechado o matadoiro
Por Natalia Puga |
-
O goberno local indica que a Xunta continúa sen notificarlle o peche do matadoiro
Por Redacción |
-
Afectados polo peche do matadoiro denuncian "daños irreparables" e defenden a calidade da carne precintada
Por Natalia Puga |