Pontevedra, candidata para acoller o Concurso Mundial do viño
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, promove a candidatura de Pontevedra como candidata para acoller o Concurso Mundial do viño.
Varios técnicos da Unión Europea visitan dende este venres as Rías Baixas para coñecer a infraestrutura de Pontevedra e do Salnés para poder acoller este prestixioso concurso que naceu en 1994.
Louzán explicou que cidades como Bruxas, Lisboa, Burdeos, Palermo, Guimaraes, Bratislava, Maastrich ou Valencia, foron sede deste concurso no que compiten máis de 8.000 viños procedentes de máis de 40 nacionalidades e que representan máis de 500 millóns de botellas comercializadas.
Esta cita mundial podería atraer á zona a centos de visitantes, xa que esta proba é unha das máis prestixiosas do mundo e conta cun xurado formado unicamente por profesionais.