Operativo de tráfico pola Pedalada do domingo
Por Redacción
Dentro do programa de Pontenbici que se ven desenvolvendo nesta cidade (do 21 ao 27 de abril), o domingo 27 de abril celebrase a convocatoria anual da marcha ciclista familiar pola cidade, a coñecida como "Pedalada".
O desenvolvemento desta actividade obriga á Policía Local de Pontevedra a adoptar medidas de tráfico en prol da seguridade dos participantes, realizando cortes puntuais.
A Pedalada iniciase coa concentración por parte dos ciclistas na Praza de España a partir das 10:30 horas, para comezar o percorrido as 11:00 horas.
Praza España- Marqués de Riestra Augusto González Besada Praza Galicia Andres Mellado Peregrina Xermán Adrio- Eduardo Pondal Texoeira Xoaquín Costa Estrada Rodríguez Seoane Doutor Loureiro Crespo Benito Corbal Cobián Roffignac Padre Amoedo Serra Rúa Ponte Barón Arcebispo Malvar e remate en Praza de España.
A duración da proba será aproximadamente dunha hora.
Co fin de que os cortes de tráfico sexan o menos lesivos para o tráfico rodado, a Policía Local fará agrupamento dos ciclistas, co fin de que vaian o máis agrupados posibles, en diversos puntos do percorrido.
Na medida do posible, a Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración dos condutores tratando de evitar a circulación polo itinerario, especialmente pola zona norte da cidade, e entre as 11 e 12 horas.